José Antonio Rodríguez Arribe candidato do BNG de Cedeira ás municipais de maio

A asemblea do BNG de Cedeira presenta a Jose Antonio Rodríguez Arribe como candidato ás eleccións municipais de maio de 2023.
O BNG de Cedeira leva meses traballando coa candidatura decidida e elaborando o programa marco a partires das xuntanzas semanais propias da organización e con distintos sectores económicos e actores sociais do concello, e como organización democrática e asemblearia anuncian o primeiro tramo da candidatura aínda tendo esta decidida pois sinalan que «debémonos aos tempos e axenda establecidos pola nosa organización».

Após case unha década onde María Xosé Rodriguez asumiu a portavocía e a cabeceira con certa dificultade para compatibilizar esta co seu traballo en Compostela, cede a testemuña á José Antonio, ademais de ter realizado unha remuda importante na asemblea local con novas incorporacións, tanto a nivel particular como da que fora a asemblea local de Anova de Cedeira que agora pasan a reforzar o consello local do BNG, ademais do valor engadido da experiencia propia adquirida de anos de e actividade municipal da militancia.

José Antonio Rodríguez Arribe

José Antonio Rodríguez Arribe (Ferrol 1948) xubilado da función pública é ademais dunha persoa moi querida no concello é un pioneiro de múltiples facetas de dilatada traxectoria e longa estela; enfermeiro de estudos e profesión foi o impulsor da prevención de riscos laborais na pesca e do Instituto Galego da Seguridade e Saúde Laboral.

Home tamén implicado no mundo da cultura e no activismo social, involucrado no seu dia no grupo 19 dos Scouts  ferroláns  e no Real Coro Toxos e Froles, no «Volve á Vila» cedeirense ou tamén fundador do «Museo Mares de Cedeira» entre outras aventuras persoais, nas que destaca esta nova de compromiso con Cedeira e co BNG.

Candidatos

Jose Antonio vai arroupado no primeiro tramo da candidatura por esta orde; por María Pernas Díaz voceira de «SOS IES Punta Candieira» e membro da directiva da Asociación Cultural Buxainas de baile e música tradicional; Noel López López, Graduado en Educación Infantil; Manuela López Rodríguez, Educadora infantil e actual concelleira; María Xosé Rodríguez, Historiadora e actual voceira municipal; e  Martín Lopes Lourido, Técnico Superior en Mediación Comunicativa

Desde o BNG de Cedeira sinalan que «queremos trasladar ademais da nosa decisión asemblearia, o gran momento de debate e participación que estamos a vivir con grande intensidade co obxectivo de acadar o apoio necesario da nosa veciñanza para alcanzar o goberno municipal e poñer en práctica as políticas do noso programa marco co desexo de alcanzar un futuro próspero e digno para os/as cedeirenses. «Cedeira, a nosa ilusión» é o lema que levamos amosando desde fai meses pois ese é ambiente que respiramos en cada xuntanza e a razón que está a dar alento a esta nova candidatura do Bloque Nacionalista Galego de Cedeira».

Lea también

Un trabajador herido al caer desde un puente a las vías del tren en O Barqueiro

Un trabajador fue trasladado después de caer desde un puente a las vías del tren …