Declaración do BNG de Narón ante a información e acusación de TEGA

O BNG de Narón envía unha declaración ante a acusación de TEGA de dar «información falsa» na que afirma o seguinte: «sabemos que o concello imparte cursos específicos de 60 horas e que logo se fan os complementarios, o que reclamamos é que se especifique que nos cursos ofertados faltarían horas, nin máis nin menos»

Este martes, día 28 de febreiro «emitimos unha nota de prensa por un curso que se vai realizar de 31 horas para o naval que non vale para traballar en Navantia como nos advertiron os sindicatos»

«Nunca o BNG cuestionará o traballo do persoal técnico do concello conscientes de que é a parte que funciona no concello e, sinceiramente, pensamos que o que falla é a parte política» afirman

«TeGa sabe ben, que o BNG de Narón sempre alaba o traballo das persoas funcionarias e técnicas, sen elas o Narón que funciona no consistorio non existiría; o que nos gustaría, e que non se agocharan no traballo dos demais e que nos expliquen as súas incompetencias como, por exemplo, licitar para derrubar o cuartel da Guardia Civil de Xuvia e agora ter unha obra parada por non ter un informe de riscos que lle solicitou ADIF (se son certas o que se nos comunicou no pleno despois de preguntar)»

«Por iso, pedimos información por rexistro a respecto destes cursos ofertados en concreto xa que co que se anunciaba podía conlevar a erro e podía ser preciso correxir» engade o BNG 

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …