Continúa o ciclo de conferencias “A saúde mental é cousa de todos e todas”

 
 
Dúas novas conferencias do programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental impulsado dende o Concello de Narón celebraranse este mes de marzo, dando así continuidade a esta convocatoria iniciada o pasado febreiro
 
A seguinte cita será o 10 de marzo ás 19.30 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro, onde a matrona e cofundadora do grupo de lactancia BBTTA, Isaura González e a psicóloga especializada en saúde mental perinatal Pilar Carballeira se encargarán de impartir unha conferencia sobre “Saíde mental na maternidade/paternidade”
 
As citas programadas para este mes continuarán o día 25 deste mes ás 11.00 horas, xornada na que a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a pisconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero falarán sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental?”
 
A convocatoria desenvolverase tamén nas instalacións do Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. A entrada ás conferencias é libre ata completar a capacidade da sala. O programa de Prevención da depresión e mellora da saúde mental inclúe outras propostas baixo o lema “A saúde mental é cousa de todos”
 
Unha desas propostas precisa da colaboración da cidadanía, polo que se convida ás persoas que teñan algún tipo de doenza relacionada coa saúde mental e queiran participar como voluntarios a compartir a súa experiencia participando en varios encontros para recoller información e compartila
 
As persoas interesadas poden remitir un correo electrónico á dirección: info@paula-paz.com

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …