A Xunta mellorará a seguridade dos peóns na estrada AC-116, na zona do Val, en Narón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mellorará a seguridade dos peóns na estrada autonómica AC-116 ao seu paso polo concello de Narón, coa execución dunha cuneta transitable no núcleo do Val.

Trátase de executar unha cuneta triangular remontable para o reforzo da seguridade viaria na marxe esquerda desta vía de titularidade da Xunta, en dous treitos comprendidos entre os puntos quilométricos 4+940 e 5+200 e do 5+720 ao 5+790. As obras, adxudicadas á empresa José No Mantiñan e Hijos Construcciones por preto de 50.000 euros, comezaranse nas vindeiras semanas.

A estrada AC-116 ao seu paso polo núcleo do Val, no concello de Narón, dispón dunhacuneta en terra, non revestida, pola marxe esquerda, que nos últimos anos sufriu perdas de material debido á auga que circula por ela.
Co fin de evitar estas perdas de material, mellorar a seguridade viaria da zona e ademais evitar infiltracións, con este contrato executaranse cunetas de seguridade, que ademais poidan ser utilizadas para o tránsito de peóns fóra da calzada.
Máis en concreto, as actuación nestes dous treitos incluirán a escavación da marxe esquerda e recheo subbase e base de zahorra, a colocación de pozos con reixa e a execución de cuneta triangular remontable de 2,50 metros de ancho variable. Os traballos completaranse coa canalización de pluviais.

Esta nova actuación do departamento de Infraestruturas da Xunta realízase en terreos de dominio público adscritos á Axencia Galega de Infraestruturas, non sendo, polo tanto, necesario realizar expropiacións.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …