Campaña de recollida de alimentos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

O Concello impulsa unha campaña de recollida de alimentos que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón. Ata o vindeiro 31 de marzo poderanse doar no Concello, no Pazo da Cultura e nos pavillóns municipais da Gándara e Campo da Serra alimentos non perecedoiros nos espazos habilitados para este fin en cada unha destas instalacións municipais.

Así o indicou a responsable do Servizo Sociocomunitario de Narón, Mercedes Taibo, que destacou que se trata dunha iniciativa “moi necesaria para dotar ao centro de recursos cos que poder axudar a familias que se atopan en situación de vulnerabilidade”. A edil Mercedes Taibo, xunto coa responsable da área de Igualdade, Mar Gómez, participaron tamén nesta campaña.

A edil naronesa indicou que na actualidade os alimentos que máis se precisan para atender á demanda son: leite enteira, galletas, chocolate en po, pasta, conservas de peixe, de verduras, de carne, salchichas, arroz, cereais e tomate frito. Dende o Consistorio realizouse un chamamento a todas aquelas persoas que poidan colaborar “para facer posible que as familias que o precisen dispoñan de alimentos básicos para o seu día a día, xa que lamentablemente cada vez son máis as persoas que teñen que recurrir á axuda de asociacións como o Centro de Recursos Solidarios de Narón”.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …