O BNG de Narón presenta unha moción en apoio aos traballadores en folga de LIDL

Según informa o BNG, «O persoal traballador do almacén loxístico que a empresa LIDL SUPERMERCADOS SAU ten no Polígono Industrial do Río do Pozo, en Narón, leva desde o 14 de febreiro en folga indefinida, unha folga cun seguimento do 100 % nunha empresa que conta cunhas 150 persoas neste punto de distribución. A folga está convocada por causa dos reiterados incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa, principalmente por causa da realización de xornadas extraordinarias por riba dos límites legais». 

A concelleira desta formación, Olaia Ledo denuncia que “a dirección da empresa está a tomar medidas para fornecer de mercadoría as tendas desde outros almacéns, o que é unha conduta manifestamente vulneradora do dereito fundamental de folga do persoal”, e continúa diciendo que “mentres tanto a empresa négase a negociar co comité de folga unha posíbel solución do conflito”.

O BNG solicítalle á corporación municipal do pleno de Narón o seu apoio ás traballadoras e traballadores e inclúe na moción o acordo de instar á Xunta de Galiza a que exerca as súas competencias como autoridade laboral asegurando o dereito a folga dos traballadores e que se cumpla o convenio colectivo, ademáis de promover unha saída negociadora a través do Consello Galego de Relacións Laborais, sendo isto algo que xa se trasladou ao Parlamento Galego a través do deputado do BNG, Mon Fernández.

Lea también

O BNG de Narón presenta unha moción sobre vivenda

O BNG de Narón presenta unha moción no pleno para frear o prezo dos alugueiros, …