Unha unidade móbil para a doazón de sangue visitará Narón durante dos días.

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o  luns día 20 e o martes 21 de marzo en Narón. O vehículo permanecerá operativo o primeiro día de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións do novo centro de saúde e na xornada do martes entre as 15.30 e as 21.00 horas na praza da Constitución, na Solaina.

As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

Lea también

El atrio de San Xulián de Narón lucira una talla del patrono confeccionada en el tronco de un árbol

Nuevamente el artesano de la piedra y la madera, y reconocido muralista Carlos García Romero deja …