«A oca de Andersen» na Biblioteca municipal de Narón.

A concelleira de Bibliotecas do Concello de Narón, Mercedes Taibo, anunciou unha nova actividade que se levará a cabo nas  instalacións da Biblioteca Pública Municipal  con motivo do Día Internacional do libro infantil e xuvenil. “A oca de Andersen” é o título desta actividade, que consistirá nun xogo sobre os contos tradicionais e que terá lugar o vindeiro 25 de marzo ás 11.00 horas.

A obra do autor danés Hans Christian Andersen será a base desta proposta, dirixida a menores a partir de cinco anos e na que os personaxes e o autor serán os protagonistas dunha adaptación do clásico xogo da oca. As nenas e nenos participarán nun apaixoante percorrido por equipos dende a caixa de saída ata a meta.

A edil naronesa recalcou que os participantes deberán ter cumpridos os cinco anos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes. Así mesmo, indicou que deberán reservar praza previamente, podendo facelo a partir do martes 21 de marzo ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …