O Concello de Narón ordeará a retirada de dez vehículos en situación de abandono.

O Concello de Narón ordenará a retirada dun total de dez vehículos que se atopan en situación de abandono en diferentes rúas do termo municipal. Así o anunciou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que incidiu en que a medida “cumpre cos trámites legais establecidos nestes casos e lévase a cabo tralos requerimentos realizados aos propietarios dos mesmos para que procedesen á súa retirada, que non obtiveron resposta algunha pola súa parte”.

O Boletín Oficial do Estado publicou o pasado día 16 de marzo o anuncio da notificación do procedemento, no que consta que tras realizar notificacións por correo certificado aos propietarios dos vehículos –rexeitadas ou ausentes do domicilio- e presumindo o seu abandono, se insta aos donos a que no prazo dun mes –contado dende onte- procedan á retirada do lugar no que figuran abandoados previo pago da taxa establecida na ordenanza municipal.

Un Mitsubishi Galant na estrada de Ansede, un Ford Focus na rúa Rosalía de Castro, un Audi TT na rúa Camiño da Praia, un Citroen Berlingo, na rúa Duque de Rivas, un BMW 530 na estrada de Longras, un Chevrolet Kalos na rúa Martín Códax, dos Fiat Dobló na Xaquín Bruquetas, un Seat Ibiza na Conde de Fenosa e un Volkswagen Golf na rúa Moeche son os modelos e ubicacións das que se retirarán. Estes datos, xunto co número de expediente correspondiente pódense consultar no BOE do 16 de marzo e no Taboleiro de Anuncios do Concello. Romero indicou que os expedientes abertos son dende maio ata setembro do ano pasado e avanzou que se procederá a envialos a un CAT, centro de tratamento residual.

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …