Varias intervencións do SPEIS en Narón

 

Varias foron as intervencions realizadas polo Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento na xornada do lúns 20 marzo e na madrugada do martes.

Ás 20.00 horas do lúns os bombeiros do Speis recibiron unha alerta polo 112 por unha vivenda con fume na rúa Bispo Argaya, na Gándara, debido a que os residentes na mesma deixaran unha pota ao lume. Unha das persoas que estaba na vivenda foi evacuada cun menor a un piso veciño mentres se realizaban as tarefas de ventilación da vivenda e ata comprobar que os niveis fosen óptimos para poder regresar. Non precisaron asistencia sanitaria.

Ás 6.00 horas do martes 21,  tamén o 112 alertou aos bombeiros do Speis dunha señora que pedía auxilio nunha vivenda do barrio de Xuvia tras caer na bañeira e non poder moverse. Os bombeiros acudiron ao lugar e realizaron unha apertura á forza na vivenda para dar acceso ao persoal sanitario desprazado á zona. A señora recibiu a axuda necesaria e atopábase en bo estado. Acudiron a Policía Nacional e o servizo do 061

Lea también

Almorzo para recadar fondos para o Centro de Recursos Solidarios de Narón

Unhas 250 persoas acudirán este sábado 30 á comida organizada para recaudar fondos para o …