21 O/ Presentación da candidatura de Alternativa Galega de Esquerda,en Ferrol

A porta de Navantia serviu como escenario para a presentación da candidatura de Alternativa Galega de Esquerda por Ferrolterra.

Ante a presenza de todos os grupos que conforman a coalición (ANOVA, EU, Espazo Ecosocialista e Equo) e persoas vinculadas aos movementos sociais da comarca, Suso Basterrechea e Mónica Fernández presentaron as principais liñas programáticas da formación, con especial atención aos problemas que afectan particularmente a Ferrolterra.

O acto foi presentado por Rafael Pillado como membro da Asemblea Popular de Apoio a Alternativa Galega de Esquerda. Candidatura á que se referiu como garante da defensa dos intereses populares fronte ao goberno neoliberal do Partido Popular de Feijóo.

A continuación, Suso Basterrechea fixo referencia á presenza no acto de persoas vinculadas aos movementos sociais e falou da necesidade de “conxugar forzas para acadar a maior unidade posible,deixando de lado os matices das diferentes posicións”.

Pechou o acto Mónica Fernández, que falou de dignificar a política e rescatar a ética, expresando o compromiso de Alternativa Galega de Esquerda cos importantes cambios socias, políticos e económicos que demanda grande parte da sociedade. Non esqueceu no seu discurso a defensa dos sectores productivos, ademáis do sector naval manifestou o apoio a outras empresas como Poligal, así como ao sector marisqueiro, pesqueiro, pequeno comercio, autónomos.

Desde Alternativa Galega de Esquerda convidaron a toda a cidadanía a partipar no acto de apertura de campaña electoral que terá lugar hoxe día 4 de outubro ás 22.30 horas na Praza da Constitución en Ferrol.

Membros da comarca de Ferrolterra da Candidatura de A Coruña

Como número dous, tras Beiras, figura Yolanda Díaz, vive en Ferrol. Licenciada en Dereito e abogada en exercicio. Concelleira na corporación de Ferrol e Coordinadora nacional de EU de Galicia.

Mónica Fernández Rodríguez, vive en Fene. Licenciada en Belas Artes. Membro da Comisión Permanente de ANOVA. Desenvolve diferentes actividades no mundo do arte. Participa de proxectos de dinamización e modernización no ámbito museístico.

Jesus Basterrechea López, vive en Ferrol, profesor no IES Concepción Arenal`. Coordinador Local de EU Ferrol. Desenvolve diferentes actividades no mundo do arte e no tecido socio-cultural da comarca de Ferrolterra.

Xosé Manuel Pazo Blanco, vive en Ferrol. Profesor no IES Concepción Arenal. Membro da Coordinadora Nacional de ANOVA. Destacado membro ao longo do tempo do nacionalismo sindical e político na comarca de Ferrolterra. Presidente de honra da Asociación Socio-Cultural “Coordinadora de Normalización Lingüística”.

Paula Meizoso Alonso,vive en Ferrol.Técnica especialista en Electrónica Industrial. Secretaria de Organización de EU comarca de Ferrolterra. Participa de diversas organizacións do tecido socio-cultural da comarca.

Guadalupe Ces Rioboo, vive en Ferrol. Mestra no CEIP Manuel Masdias. Membro da Coordinadora Comarcal de ANOVA. Activista feminista integrante da Marcha Mundial das Mulleres e impulsora de proxectos comunitarios de economía social.

Xosé María Dobarro Paz, vive en Ferrol. Doutor en Filosofía e Letras. Foi Decano da Facultade de Filoloxía da UDC. Coordinador Comarcal de EU comarca de Ferrolterra. Membro numerario do Padroado do Pedrón de Ouro e das Fundacións Castelao e Vicente Risco.

María del Pilar Díaz Otero, vive en Mugardos. Concelleira de EU en Mugardos.

Lea también

21 O/ Jorquera reconoce el revés electoral

 El candidato del BNG a la presidencia de la Xunta, Francisco Jorquera, ha reconocido que …