21 O/ O ex ministro José Blanco (PSOE) asegura que Pachi Vázquez será o próximo presidente de Galicia y que los contratos con Pemex no existen

“Recuerdo que en la anterior campaña, unos días antes de las elecciones, le dije a Touriño que íbamos a perder, cuando todas las encuestas nos decían que íbamos a ganar, y ayer domingo estuve con nuestro candidato, Pachi Vázquez, y le dije que va a ser el próximo presidente”. Con estas palabras comezaba a súa intervención o ex ministro Pepe Blanco, no marco dun mitin celebrado en Ares, para escoitar non so a Blanco, senón tamén ao alcalde, Julio Iglesias; á futura deputada, Paloma Rodríguez; e á candidata número tres, Beatriz Sestayo.

“Va a haber cambio porque el Gobierno Feijóo, y ahora el de Rajoy, le han dado y le están dando la espalda a la gente y la gente le va a dar la espalda el día 21 cuando vaya a las urnas”, asegurou Blanco, que engadiu que “lo que va a conseguir con el cuento bonito, el del engaño, es que los ciudadanos le den la espalda”.

O ex ministro referiuse ao debate do pasado luns, indicando que “lo que quedó claro es que Galicia ha tenido un presidente que está en las nubes”. “No encuentro a nadie que diga que vive mejor que antes, por lo tanto, un señor que no tiene los pies en la tierra necesita que la gente le dé un baño de realidad, poniéndolo en la calle el día 21 de octubre”.

Blanco denunciou a “insensibilidad” del PP, que “devalúa a las personas”, e criticou o feito de que o Partido Popular non lle teña subido os impostos aos que teñen máis. “En este país no sobran médicos ni enfermeras, sino que lo que sobran son las listas de espera”, manifestou o responsable socialista, para o que se pode permitir a sangría de mozos e mozas que teñen que marchar fóra, que se baixen as becas ou se supriman, como veñen de facer coas as Erasmus, ou se eliminen centros educativos e persoal docente.

“Ese cuento de Feijóo del déficit, como el de Pemex o el de la auditoría, le duró doce horas o menos porque al poco tiempo se dio a conocer el desfase de 400 millones de euros existente en las cuentas de Galicia”, puntualizou o ex ministro de Fomento, que pediu a “tarjeta roja” a Feijóo o día 21. “De momento, porque con el PP nunca se sabe, tenemos un instrumento poderoso que si lo utilizamos y vamos a las urnas, va a haber cambio de gobierno”, afirmou, ao tempo que instou aos asistentes a utilizar a palabra ata o día 21 e o voto o día 21 para acadar o necesario cambio.

Pola súa banda, a candidata Beatriz Sestayo lembrou que, ao contrario que o PP, que se agocha e vai a Ferrol sen avisar previamente e rodeado dun especial secretismo, como Feijóo, ou saen pola porta de atrás, como os conselleiros Rueda ou Guerra, “os socialistas temos a sorte de poder mirar aos ollos á xente, que é precisamente o que estamos a facer”.

A candidata subliñou que as eleccións prodúcense aos tres anos e medio e non catro porque así o marcou Rajoy, que lle dixo a Feijóo cando lle preguntou que convocara antes de “meter a motoserra”, asegurou Sestayo, para a que este mandato do PP caracterizouse por facer recortes “utilizando un arma ideolóxica”. Neste eido, a responsable socialista apuntou que os Gobernos de “Feijóo-Rajoy e Rajoy-Feijóo nos teñen quitado a dignidade”.

“Pídovos que transformedades e axudedes a transformar a situación actual e que a xente convirta ese enfado, esa indignación, en votos”, indicou Sestayo, para a que o voto ao Partido Socialista conleva “una blindaxe aos servizos públicos”. Sobre este punto, a candidata defendeu a ultranza os dereitos básicos como a educación –en pé de guerra contra os Gobernos do PP- ou a sanidade, que nestes días voltan saír ás rúas –en Ferrol haberá manifestación mañá pola tarde en defensa dos servizos públicos que conta, como sempre, co apoio do PSdeG-PSOE, e que, una vez máis, estará presente, cunha representación de responsables políticos, militantes e afiliados.

Na mesma liña manifestouse a futura deputada Paloma Rodríguez, para a que o día 21 “xogámonos a confección dun país”. Rodríguez, que destacou que “Feijóo, como Judas, nega o seu partido, o PP, e o esconde”, fixo un chamamento ao voto “responsable” e ao que nos devolverá a hai tres anos, cando “tiñamos unhas liberdades que está suprimindo o Partido Popular”.

Finalmente, o alcalde de Ares e secretario xeral da agrupación local, Julio Iglesias, subliñou que os graves recortes que estamos a padecer son responsabilidade “dun goberno mentiroso que está facendo todo o contrario ao que prometeu”. “O PP gañou por maioría absoluta e se convertiu no partido da oligarquía financieira, subiron os impostos, suprimiron dereitos básicos, aprobaron a reforma laboral máis agresiva da democracia e fixeron unha amnistía fiscal que lle subiría as cores a calquera”, dixo Iglesias, que aseverou que “non podemos consentir que se lle dea un espaldarazo ao que é o embaixador de Rajoy en Galicia”.

A candidata socialista acompañou antes do mitin a Pepe Blanco nun reparto por Fene, para rematar a xornada co ex ministro e a secretaria xeral do PSOE de Narón nun mitin no local social de Piñeiros.

Lea también

21 O/ Jorquera reconoce el revés electoral

 El candidato del BNG a la presidencia de la Xunta, Francisco Jorquera, ha reconocido que …