O Concello de Neda promove unha viaxe a Gran Canaria para xubilados

Concello de Neda

O Concello de Neda promove unha viaxe de ocio a Gran Canaria para persoas xubiladas que aínda non cumprisen os 65 anos. A iniciativa nace a petición de veciños e veciñas nesta franxa de idade que, unha vez xubilados, non cumpren os requisitos marcados polos programas de ocio deseñados para a Terceira Idade. Así mesmo, o proxecto ten custe cero para as arcas municipais, xa que o papel do Concello céntrase en levar a cabo as xestións necesarias para organizar a viaxe, realizar a convocatoria e pór en contacto a este colectivo. ¿Obxetivo? Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, Leonor Canosa, cubrir un espazo baleiro respecto ao ocio das persoas xubiladas menores de 65 anos, favorecendo a convivencia e as relacións sociais.

Deste xeito, as persoas interesadas en participar nesta iniciativa deben anotarse na Oficina Municipal de Servizos Sociais, sita na casa consistorial, ANTES DO 7 DE MARZO. O horario é de 9 a 14 horas, luns, martes, xoves e venres. A viaxe terá lugar o vindeiro 17 de abril e a estancia será de oito días e sete noites, en réxime de pensión completa. A saída será de Santiago e o custe ascende a 438 euros por persoa. Á hora de inscribirse, os futuros viaxeiros deberán abonar unha sinal do 20%. En todo caso, o departamento de Servizos Sociais explica que a organización da viaxe está supeditada a alcanzar unha cifra mínima de participantes. De feito, ao se tratar dunha viaxe en grupo se abaratan os custes sobre prezos de mercado.

Lea también

San Sadurniño dispón dunha nova canle de Whatsapp

Un medio de información que vén sumarse ás distintas plataformas municipais coa finalidade de que …