Portos de Galicia comeza a instalación de videocámaras en varios peiraos entre eles en Cariño e Sada

Na primeira fase instalaranse tamén en Ortigueira e Ares

Portos de Galicia iniciará nos vindeiros días a instalación de cámaras de videovixilancia nos peiraos de Brens-Cee, Canido (Vigo), Cariño, Ribeira e Sada. O ente público desenvolve este xeito a segunda actuación enmarcada no dispositivo global de reforzo da seguridade nas dársenas mediante gravación, trala habilitación a semana pasada, dos sistemas de gravación de Cangas, Corme (Ponteceso), Tragobe (Cambados) e Vilanova de Arousa. O investimento no global no dispositivo de videovixilancia ascende a máis de medio millón de euros.

Continuarán en otros peiraos

Os traballos de instalación dos aparatos continuarán de xeito paulatino nas vindeiras semanas, ata completar a ubicación das cámaras en todos os portos incluídos nesta primeira fase do proxecto. Así, dotarase de videovixilancia tamén Foz, Freixo (Serra de Outes), Ribadeo, Testal (Noia), Celeiro (Viveiro), Pobra do Caramiñal, Vilaxoán (Vilagarcía), Rianxo, O Xufre (A Illa de Arousa) e posteriormente, O Grove, Ortigueira, Porto do Son, Bueu e Ares.

Esta primeira fase de actuación dá cumprimento ao compromiso de Portos de Galicia de  implantar con carácter xeralizado un sistema de seguridade a través de videovixilancia, cuxa tramitación conleva unha alta complexidade. O ente público leva meses elaborando este dispositivo, considerado como actuación de carácter prioritario, que se instalará de xeito paulatino en portos de todo o litoral galego.

Nas pasadas semanas contratouse o servizo de control centralizado das gravacións, o último requisito necesario para a inmediata posta en marcha do sistema. A responsabilidade do control das gravacións asúmea o organismo portuario dado que é a Administración pública a que ten competencia neste sentido en non outros colectivos do sector. Para elo, téñense tramitado todos os permisos necesarios en virtude da normativa de protección de datos.

O ámbito de cobertura do plan xenérico irase determinando de xeito progresivo en diferentes fases e abarca portos das tres provincias costeiras con arreglo ás súas características, magnitudes de actividade e necesidades. Nesta primeira fase primaránse os portos de máis destacada actividade dos xestionados pola Administración autonómica.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …