Luis da Silva mostra a sua obra pictórica en Ares

ARES-O artista local Luis da Silva, coñecido como “O Portuxés”,é o protagonista da exposición organizada polo Concello de Ares, a través da área de Cultura que dirixe Eugenio Fernández Lago.

O edificio da Alianza Aresana acolle dita mostra, que se inauguraou este xoves, día 15, ás seis da tarde, e permanecerá aberta ata o día 28 deste mes no horario de atención ao público deste edificio que alberga a biblioteca municipal.

A exposición está composta por 31 cadros, todos eles óleos, que recollen dende ratratos ata paisaxes e incluso un bodegón. Unha vez clausurada, Da Silva exporá en Redes, no Clube de Tenis, con varias mostras temáticas (primeiro, unha de flores, logo outra de árbores e, finalmente, unha terceira exposición sobre Redes en pintura).

 

Lea también

Neda celebra las XIX jornadas literarias poniendo el foco en «Trazos de Xapón»

«Un encontro entre a caligrafía e a palabra escrita” que reunirá los días 25, 26 y 27 a …