O Concello de Ares organiza un ano máis a actividade de ximnasia oncolóxica

O Concello de Ares, a través da área de Servizos Sociais que dirixe a edila socialista Victoria Montenegro, organiza un ano máis –este xa é o segundo- a actividade de ximnasia oncolóxica, unha iniciativa que vai dirixida a enfermos de cancro que ten como principal obxectivo o de paliar os efectos negativos da enfermidade mediante o exercicio físico.

As persoas interesadas en tomar parte en dita actividade, que se desenvolverá os martes de 18.30 a 19.30 no pavillón municipal a partires do vindeiro mes de decembro, xa poden tramitar a súa inscripción, acudindo para iso aos Servizos Sociais do Concello no seu horario habitual de atención ao público. Un experto neste tipo de ximnasia será o encargado de impartir a actividade, que se levará a cabo ata maio de 2013.

Lea también

O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos …