Proclamados en Fene os finalistas do «XXX premio de novela longa Blanco Amor»

O xurado, reunido na tarde do  venres na Casa do Concello de Fene, acordou, por maioría, Proclamar finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas baixo o título: Dióxenes en Dolorida e Tara.

O Xurado

Na tarde do  venres, día 23, reuniuse na Casa do Concello de Fene o xurado encargado de fallar a trixésima edición do Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor presidido pola Concelleira de Cultura, Rocío A. Bértoa Puente e formado por Xosé Mª Dobarro Paz (catedrático da Universidade da Coruña), Miro Villar (poeta e crítico literaio); Marga Romero (escritora e crítica literaria) e Manuel Lourenzo González (escritor e gañador da anterior edición do Blanco Amor), actuando como secretario o coordinador técnico do Premio, Daniel Romero.

O Xurado salientou a participación das cincuenta e catro obras que concorreron a esta XXX edición, deixando constancia do importante incremento de participantes, o que provocou unha longa deliberación previa e que dá a medida do interese e importancia da convocatoria do Premio de Novela Longa “Eduardo Blanco Amor”.

Logo das oportunas deliberacións, o Xurado acordou proclamar, por maioría como finalistas desta XXX edición, as novelas presentadas cos títulos: Dióxenes en Dolorida e Tara.

A entrega do Premio terá lugar o vindeiro sábado, 1 de decembro, no decurso dunha gala que se desenvolverá no local da SCRD Agarimo de Sillobre e que contará coa actuación do grupo de jazz Cool Hamnster

 

Lea también

María del Mar Tomás fala en Fene sobre a resistencia aos antibióticos no ciclo Contando Ciencia

Falará este xoves, 14 de marzo, ás 19.30 horas, no salón de actos da Casa …