A Asociación de escritores chama a participar mañá no «Día de Rosalía»

A coincidir coa celebración mañá, 24 de febreiro,  dos 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega acaba de publicar un comunicado no que chama á sociedade a participar na celebración. No seu texto, a AELG lembra que a celebración está oficalmente recollida e anima á xente a agasallar libros e flores esta ocasión. Os escritores anuncian que celebrarán lecturas públicas da poeta en prazas de vilas e cidades. Ademais, chaman aos concellos a que inclúan o Día de Rosalía nas súas programacións culturais.

Lea también

Axenda cultural desta fin de semana en Cabanas

Venres 26 Ás 16.30h na Casa da Cultura (Escola Laica) haberá unha nova sesión do …