A AVV Ultramar realiza unha campaña de recollida de alimentos

 A Asociación de veciños  de Ultramar está a realizar unha campaña de recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas da zona dos ensanches.

Os alimentos, que deben ser non perecedoiros, poden deixarse no local da AVV de luns a venres en horario de 11 a 13 e de 17 a 19 horas durante os meses de novembro e decembro.

A entidade, que xa realizou neste ano máis campañas coma esta,  doará todo o recollido ao grupo de Caritas da zona, para poder axudar a todos os veciños e as veciñas que o precisen.

 

Lea también

Piden que se retomen las frecuencias y horarios en el transporte por carretera entre Ferrol y A Coruña anteriores

La ‘Plataforma por un transporte público digno de Ferrol y comarca’ ha demandado a la …