O BNG de Ferrol e Narón presentan mocións sobre o Parque Comarcal de Bombeiros

O Bloque Nacionalista galego de Ferrol  e Narón presentaron unha moción que será debatida nos plenos ordinarios de fin de mes, na que esixen da Xunta e, Deputación pasos concretos na comarcalización do servizo de bombeiros.

O BNG de Ferrol

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, destacou que a comarcalización do servizo de bombeiros é fundamental para o Concello de Ferrol e os do resto da comarca, aseguraría e melloraría o servizo ademais de garantir o mantemento dos postos de traballo no parque local.

Neste senso o BNG critica que o Concello de Ferrol non contemple nos seus orzamentos para o 2013 cantidade algunha para o mantemento dos 10 postosde bombeiros asociados ao convenio co concello de Narón, ademais de censurar que nen o Concello de Ferrol, nen a Xunta, nen a Deputación até o momento deran sinais de querer asumir a comarcalización do servizo de bombeiros en Ferrolterra.

Asi mesmo, o BNG na súa proposta lembra que con data 29 de Agosto de 2005, asinábase un “protocolo de intencións”entre o Conselleiro da Presidencia da Xunta, o Presidente da Deputación de A Coruña e os concellos de Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Neda, Ares, Moeche e Cedeira dirixido, segundo reza no seu encabezamento, á comarcalización do parque municipal de bombeiros de Ferrol.

Este protocolo – que viña precedido doutras iniciativas semellantes – tentaba fixar as liñas de actuación no camiño de converter o Parque Municipal de Bombeiros de Ferrol nun servizo de carácter comarcal para o conxunto dos concellos limítrofes; resolvendo a situación de inseguridade na que se atopaban ata o momento. Para iso, definíanse tres liñas de acción: Construción das intalacións dun novo parque de bombeiros, a dotación de novos veículos e equipamento para o parque de Ferrol e a mpliación do cadro de persoal do parque de Ferrol.

A outra moción vai asinada por Pablo Villamar, a presentar no pleno do concello de Narón

A moción

O BNG na súa moción presenta tres propostas para a súa aprobación que son as que seguen:

1.-Reclamar da Xunta de Galiza e da Deputación de A Coruña o desenvolvimento prático do protocolo asinado o 29 de Agosto de 2005 para a comarcalización do parque municipal de bombeiros de Ferrol.

2.-Demandar que nos orzamentos das dúas institucións para o vindeiro 2013 se concreten as cantidades necesarias para facer fronte aos compromisos económicos que se definen no devandito protocolo.

3.-Demandar con urxencia a constitución e reunión dunha Comisión de Seguimento – definida xa no protocolo –dirixida a supervisar a definir o cronograma de actuacións e supervisar a axeitada execución das mesmas.

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …