O concello de Ares desenvolve cinco proxectos con financiamento da Asociación Costa Noroeste

O Concello de Ares leva tramitados un total de cinco proxectos con fondos da Asociación Costa Noroeste, unha entidade que xestiona as axudas europeas procedentes do Leader Galicia 2007-2013. De feito, este é o municipio dos que integran dita asociación que máis iniciativas vén desenvolvendo gracias a estas partidas, coas que se pretende impulsar nomeadamente as zonas rurais dos concellos.

Ata o momento, e dende que Costa Noroerste comezou a funcionar, o Concello xa executou os parques biosaúdables de Cervás e o de Chanteiro, así como o parque para tod@s de Redes (rematando un circuito de espazos biosaúdables que pasa por todas as parroquias do municipio), cunha subvención total que rondou os 20.000 euros -1.054,04 no de Cervás, 1.081,43 no de Chanteiro e 17.514,49 no parque de Redes-.

Ademais, traballa na actualidade en outros dous proxectos. O primeiro deles é a rehabilitación da antiga escola unitaria de Lubre para albergar un local de ensaio e outros usos sociais. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende posibilitar que colectivos musicais do Concello de Ares dispoñan dun local no que poder ensaiar, ademais de servir de lugar de encontro social.

O proxecto, que xa ten o visto bo de Agader –Axencia Galega de Desenvolvento Rural- conta cun orzamento de 130.809,32 euros e unha subvención prevista de 50.000, é dicir, máis do 50% da contía total. Os traballos comezarán o vindeiro ano.

Finalmente, o Concello de Ares executará outra fase do parque fluvial da Xunqueira, neste caso un tramo en Pedrós, gracias a estes fondos europeos do Leader. Neste sentido, hai que destacar que a xunta directiva de Costa Noroeste emitiu o pertinente informe favorable para a realización de dita actuación, valorada en preto de 50.000 euros. Neste caso tamén a subvención vai ser maior do 50% do orzamento da obra.

Lea también

La Guardia Civil investigó a un vecino de Miño por circular dos veces con su coche en sentido contrario el mismo día

El Grupo de Investigación y Análisis de Tráfico (GIAT) del Sector de Tráfico de Galicia, …