El profesor Basilio Losada premiado con el «Otero Pedrayo» 2012

O tradutor e primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona, Basilio Losada, é o galardoado co Premio Otero Pedrayo na súa XXXV edición. O premio, que entrega a Xunta de Galicia e mais as catro deputacións, pretende perpetuar a memoria de Pedrayo e está dotado con 30.050,60 euros. O xurado, composto por representantes das entidades convocantes, as Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, a Real Academia Galega e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, emitiu o martes, día 27, o seu fallo.

Basilio Losada

Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930, é un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.

Traduce ao castelán e ao galego, e é autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro ou Pere Gimferrer. En 1991 recibiu o Premio Nacional de tradución por Memorial do convento, de Saramago. recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Catalunya; a Comenda dá Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués; a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil; e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.

Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela A peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é un gran experto.

Lea también

Ferrol-La AVV A Magdalena organiza una ruta fotográfica este sábado

Este sábado, día 23 de Octubre «nos reuniremos a las 11 de la  mañana, en el …