O concello de Ares leva a cabo melloras en catro camiños de Caamouco

O Concello de Ares atópase na actualidade executando melloras nunha serie de camiños con cargo aos fondos obtidos do Programa Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) do presente exercicio. Nomeadamente, o proxecto denominado “Mellora do camino desde CP 401 a Ixobre e Outros” afecta a un total de catro viais da parroquia de Caamouco que se atopaban en mal estado, tal e como explicou a concelleira desta área, a socialista Olimpia Marcos, e que están sendo asfaltados pola empresa Lancer.

No caso do camiño que vai dende O Serrón ás Pezoas e o que vai de O Raso ao Serrón, os traballos, que xa están rematados, consistiron na substitución da zahorra polo triple rego asfáltico.

As outras intervencións correspóndense coas melloras no reasfaltado –o asfaltado orixinal estaba en mal estado-  do vial que vai dende Ixobre ás proximidades da igrexa de San Vicente de Caamouco, que se atopa en execución, e do que vai tamén de Ixobre á Tenencia. Esta última actuación comezará próximamente.

Os fondos outorgados polo programa Estratéxico de Infraestrutura do Medio Rural ascenden a 32.938,45 euros.

Lea también

Convocada una huelga parcial de los trabajadores de Leche Celta, en Pontedeume

Los trabajadores de la planta de Leche Celta en Pontedeume han convocado una huelga parcial …