O PSOE de Ferrol celebróu o Día dos Dereitos Humanos

Co gallo da conmemoración na xornada do Día dos Dereitos Humanos, os socialistas de Ferrol procederon á lectura dun manifesto no que o PSdeG-PSOE local asegura, como destacou a secretaria xeral, Beatriz Sestayo, que a Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un máis dos textos esenciais para a convivencia e a dignidade humana que “o PP está a pisotear sen ningunha clase de pudor”. 

Ademais deste manifesto, o médico e responsable de Sanidade da Executiva e do Observatario Social socialista, Carlos Piñeiro, ofreceu unha charla-coloquio sobre o dereito á saúde e as persoas maiores, un colectivo dos máis gravemente afectados polos recortes do Partido Popular.

O responsable do PSOE aproveitou esta xornada para presentar, xunto coa tamén parlamentaria, o Foro Socialista Pablo Iglesias, no que se formularán iniciativas no eido da reivindicación, información e activismo socialista vencellados a dereitos e cuestión irrenunciables. Este Foro estará coordinado polo propio Carlos Piñeiro xunto a Beatriz Sestayo, secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ferrol.

Lea también

Reunión entre el alcalde de Ferrol y las entidades vecinales afectadas por las obras de As Pías

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la reunión convocada …