Presentado en Narón o programa das festas de Nadal

 A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, María del Mar Gómez, presentou  en rolda de prensa a Programación de Festas de Nadal 2012. Tódalas celebracións programadas teñen carácter gratuito.

Festival solidario

A primeira das actividades organizadas é o Festival Solidario do Motoclub Fojeteiros, o sábado 22 de decembro. Inclúe a IV Xornada Moteira Solidaria e o II Concurso de Debuxo do Nadal 2012. Será a partires das 16:30 horas, na Praza da Galicia.

No Festival contarase coa presenza de Papa Noel, para que os nenos/as de Narón poidan facerlle as súas peticións. Tamén recolleranse alimentos e xoguetes para entregar posteriormente ás familias máis desfavorecidas a través dunha asociación benéfica. Está prevista ademáis unha exhibición de Baileactivo na  que poderán participar tódolos asistentes, e unha actuación musical a cargo da Orquesta Arde Leixa. As actividades realizaranse baixo carpa, e para combatir o frío tamén servirase café, leite e chocolate.

Mercado de obxetos de 2ª man

O domingo 23 de decembro continuará o programa festivo coa celebración do I Mercado de Obxetos de 2ª Man, no recinto feiral do Trece (Sedes) con entrada gratuita. Abrirá en horario de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, e actualmente xa están tódolos postos (70) cubertos, dado que o número de solicitudes superou con creces a oferta realizada dende o Concello.

 Fin de ano con carpa climatizada

A Festa de Fin de Ano, o día 31 de decembro, celebrarase como en edicións anteriores nunha carpa climatizada da Praza de Galicia, de 1.200 m2 de superficie, e equipada con mesas, cadeiras, ropero e cafetería. Os asistentes poderán disfrutar da música das orquestas Filadelphia e La Oca.

E xa no ano novo, os días 3, 4, 5 e 6 de xaneiro a Praza de Galicia acollerá o I Mercado Navideño de época, inspirado no ano 1900. O horario de apertura será de 11 a 15 horas, e de 17 a 23 horas, e a entrada é gratuita. Os visitantes poderán adquirir alimentos, cuero, bisutería, e obxetos navideños inspirados nesa época.

Lea también

O Pazo da Cultura de Narón acolle o espectáculo “O dragón de ouro”

A compañía Sarabela Teatro representará este sábado 20 no Pazo da Cultura de Narón, ás …