O alcalde de Narón denuncia ante o Valedor do Pobo os silencios do presidente da deputación

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco Suárez, enviou o pasado mércores, día 12, un escrito dirixido ó Valedor do Pobo, Julio Fernández Rodríguez. Neste documento, o rexedor naronés expresa a súa queixa ante a actitud pasiva do Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, respecto ós temas de interese deste concello.

Blanco Suárez explicou que dende a Alcaldía de Narón téñese solicitado de forma reiterada (ata en catro ocasións, entre xullo de 2011 e abril de 2012) unha xuntanza de traballo entre o Alcalde e o Presidente da Deputación, para falar principalmente das estradas de titularidade provincial que discurren polo municipio (Estrada do Feal, Estrada de San Xiao, Estrada do Trece, e Estrada Miguel de Cervantes).

Finalmente, esa entrevista –a única ata o momento- tivo lugar en maio deste ano, sen haber tido resposta a dia de hoxe ás cuestións prantexadas polo Alcalde nese encontro. Tras a reunión, dende o Concello de Narón intentouse ata en catro novas ocasions, obter información sobre o estado de tramitación no que se atopan as obras obxecto de actuación (correspondentes ás catro estradas citadas anteriormente), sen ter contestación actualmente.

Por este motivo, o Alcalde de Narón baseándose “nas actuacións e omisións realizadas dende a Deputación da Coruña, que supoñen un quebranto dos principios constitucionais de eficacia e coordinación e dos procedimentais de información interadministrativa e cooperación, así como unha vulneración do deber e obriga, de resolver dun xeito expreso todas as solicitudes e peticións que se lle demanden”  presentou a correspondente queixa ante o Valedor do Pobo, de acordo co preceptuado nos artigos 13 e seguintes da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo de Galicia.

José Manuel Blanco explicou que Narón “é o cuarto concello da provincia en cuanto a número de habitantes, e ten catro estradas de titularidade provincial polas que discurren máis de 25 kilómetros de vías”, unha circunstancia que non pode pasar desapercibida nin desatendida.

Dende o Concello de Narón, formulouse ó Presidente da Deputación na única xuntanza producida ata o momento –sobre a cal descoñecía os temas a tratar, e o estado das obras polas que o Alcalde lle requeríu información- a posibilidade de transferir a titularidade das vías urbanas ó Concello (rúa Concepción Arenal, Estrada de Santa Icía, Estrada da Gándara, e Estrada da Faisca), pero tamén se está á espera dunha resposta sobre este prantexamento.

Ademàis de solicitar a mediación ou o amparo do Valedor do Pobo, José Manuel Blanco enviará outro escrito ó presidente da FEGAMP, para tratar de lograr unha resposta da Deputación da Coruña ás cuestións prantexadas. “Os políticos non estamos por riba do ben e do mal, senón que temos que axustarnos, como non podería ser doutra maneira, ó que marcan as leis. E esta é a primeira vez en trinta anos, que eu saiba, que unha administración pública non contesta á demanda de información feita por outra administración pública en máis dun ano”, apuntou o Alcalde de Narón.

Lea también

Ferreiro e Rey Varela valoran a desmontaxe das líneas de alta tensión entre Narón e Ferrol

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, está a finalizar o desmonte das dúas liñas de …