Constituido un grupo socialista de traballo en defensa das políticas sociais e do estado do benestar en Ferrol, Eume e Ortegal

A sede do PSdeG-PSOE local acolleu  a constitución dun novo espazo específico de defensa das políticas sociais e do Estado do Benestar a nivel das tres comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal), que nace baixo o paraugas do Foro Socialista Pablo Iglesias de Ferrol, e que ten no coordinador da área social da Executiva, o médico Carlos Piñeiro, o seu principal responsable. Nesta primeira reunión, á que acudiron representantes socialistas das diferentes agrupacións da zona, «quedou de manifesto -según unha información facilitado aos medios de comunicación-a importancia de contar con este organismo, que traballará a reo e dun xeito específico na defensa do social, en perigo de morte polas políticas de recortes e neoliberais dos Gobernos do Partido Popular».

«Así, os socialistas– sinala o comunicado- aseguraron que levarán a cabo todas as accións e iniciativas que sexan necesarias para combatir a ese PP liquidador dun Estado de Benestar polo que loitou e traballou durante anos o Partido Socialista. Os recortes na sanidade e na educación públicas, o copago, o incremento do desemprego e as continuas rebaixas nos salarios, a perda de dereitos dos xubilados e pensionistas, as taxas xudiciais, o aumento das taxas universitarias ou a práctica eliminación da Lei de Dependencia constitúen un claro exemplo dos ataques dun PP que, baixo a excusa da crise económica, están a aplicar as políticas máis reaccionarias e contra o Estado do Benestar coñecidas en democracia.

A xuízo do PSdeG-PSOE, son necesarias novas medidas de política social que atenden as necesidades reais da poboación, aspirando a un crecemento económico competitivo e sustentable e un alto grao de cohesión social. E precisamente con estes parámetros, e baixo a idea de que a xestión das políticas sociais e do gasto público é responsabilidade do Estado e das Comunidades, este novo espazo creado hoxe traballará dende xa mesmo».

Lea también

Ángel Mato se compromete con los vecinos de Bustelo a conectar sus casas a la red de agua

El alcalde de Ferrol, Ángel Mato, se comprometió este jueves durante una visita al lugar de …