Importante oferta de grandes concertos para o 2013 no Jofre

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, e o concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, deron a coñecer a oferta de grandes concertos de grupos e solistas que terán lugar no Teatro Jofre en 2013, no marco do ciclo «Son(S) do Jofre».Presentamos hoxe unha programación estable, de calidade  e a altura dun dos mellores teatros de Galicia como é o Jofre”, subliñou o primeiro edil da cidade.

Ademais, Rey Varela sinalou que como vén sendo habitual nos eventos culturais que se programan dende o Concello de Ferrol, as entradas ao público terán un custe moi por debaixo do que deberían ter, atendendo ao caché das bandas e artistas que pasarán o vindeiro ano polo teatro municipal. “En 2013 seguiremos tendo na cidade unha oferta cultural de calidade, e variada, e con Son(S) do Jofre pretendemos que a xente goce da música e do Jofre”. Nesta liña, García Hurtado resumiu en tres as características da nova edición desta programación de grandes concertos: “Son todos artistas e grupos de renome nacional e internacional, a actuación no Jofre será a única que fagan en Galicia e veñen a Ferrol a presentar os seus novos traballos discográficos”.

Así, as datas xa totalmente pechadas de “Son (S) do Jofre” 2013 é como segue:

* Ana Belén ……………………. 19 de xaneiro.

* La Habitación Roja ……….. 16 de febreiro.

* El Cigala ……………………… 2 de marzo.

* Sidonie ………………………… 13 de abril.

* Malú ……………………………. 18 de maio.

* Xoel López ……………………  15 de xuño.

* Chirstina Rosenvinge ……..  21 de setembro.

* Pasión Vega ………………….. 19 de outubro.

* Marlango ……………………….. 14 de decembro.

Según o BNG «marxínase a música e língua galegas

«O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera que o ciclo “Sons do Jofre” marxina á música e a lingua galegas. Todas as edicións deste ciclo músical promovido polo Goberno de Rey Varela se caracterizaron por reducir a presenza da música galega a níveis anecdóticos negando a posibilidade de que este ciclo músical sirva de escaparate da nosa cultura e da súa expresión musical

Iván Rivas, portavoz do BNG, cuestionou, deste xeito, a práctica desaparición de calquera tipo de manifestación musical galega, «que en moitos casos se reduce à unha presencia puntual da musica tradicional cuestión que empeza a ser recorrente e apunta a un modelo de xestión en materia cultural acomplexado que nega a presenza da música galega e en galego en pe de igualdade con outras músicas foráneas.

Dende o BNG constatamos que dende a entrada do PP no Goberno municipal, todas as manifestacións artísticas e culturais que se vehiculizan en lingua galega que se corresponden con grupos do país están sendo marxinadas dentro da programación do Concello de Ferrol. En Galiza temos un tecido cultural rico e diverso no que existen grupos e artistas de grande calidade, con prestixio recoñecido mundialmente, non só no ámbito da música folc ou celta, senón noutros estilos como a musica clásica ou outros ambitosque non se teñen en conta para a súa participación neste ciclo.

Para o BNG este feito é preocupante polo que significa de negación do propio e do País, pero tamén pola falta de apoio ás artes escénicas e musicais de Galiza é tamén a falta de apoio á creación de riqueza que reverte neste País. Cremos que a língua e a cultura propias son un valor e o Concello como institución ten que axudar a promovelas. Asi mesmo, o plantexamento feito desde o Goberno Municipal minusvalora a nosa produción artística co obxectivo de anular a nosa capacidade de expresión propia».

 

 

 

 

Lea también

El Festival Ilustrado regresa a Ferrol en junio

Ferrol acoge los días 14,15 y 16 de junio un evento único en España que …