Cabalgata de Papá Noel en Ares

 Un ano máis, a praza do Pedregal de Redes foi o punto de partida da tradicional cabalgata de Papá Noel, que se desenvolveu o luns, día 24, a partires das 16.30 horas. A cabalgata incluia un percorrido por Barracido, Pedrós, Chanteiro –O Outeiro-, e o CIRS de Cervás, para chegar a Ares sobre as seis e media da tarde.

A partires de entón, as carrozas percorreron as principais rúas da vila, como a Porta do Sol, avenida de Redes, Saavedra Meneses, praza da Igrexa, rúa Real, avenida de Mugardos e Aviador Franco, rematando unha hora máis tarde (sobre as 19.30 horas) na Alianza Aresana.

Neste edificio municipal, Papá Noel recibeu  a moitos nenos e nenas .

Outras actividades

Por outra banda, o mércores comeza unha serie de actividades deportivas, a desenvolver os días 26, 27 e 28 deste mes de decembro. Así, polas mañás, de 10.00 a 13.00, na zona deportiva de Pedrós haberá pádel de balde, dirixido a rapaces e repazas ata 18 anos e para o que haberá que inscribirse previamente, e polas tardes , de 16.30 a 19.30 horas, o pavillón acollerá os xogos que os nenos e nenas –tamén ata 18 anos- queiran, como fútbol sala, baile, tenis, baloncesto, etc. Neste caso, deberán ser grupos organizados e con inscripción previa.

En canto a actividades culturais, hai que citar a de contacontos de Nadal e  busca de anxos na biblioteca, que terá lugar o xoves 27 nesta dependencia municipal. Este obradoiro vai dirixido a nenos e nenas a partires de 3 anos.

Lea también

Primeras sesiones del taller de lectoescritura en Ares

El Concello de Ares, a través de la concejalía de Igualdad y Bienestar, está desarrollando …