O Valedor do Pobo admite a queixa do concello de Narón contra o presidente da deputación

O Valedor do Pobo de Galicia, José Julio Fernández Rodríguez, ven de respostar ó escrito enviado polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, con data de 12/12/2012, no que o rexedor formula unha queixa ante a actitud pasiva do Presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo, respecto ós temas de interese deste concello.

Como se recordará, o Alcalde de Narón solicitou en reiteradas ocasións e por diferentes canles de comunicación ó Presidente da Deputación información sobre as obras pendentes de execución no municipio (relativas á Estrada do Feal, Estrada de San Xiao, Estrada do Trece, e Estrada Miguel de Cervantes) sen ter obtido resposta algunha a pesares de ter transcurrido máis de 17 meses.

Deuna por admitida

Unha vez recibida e estudiada a queixa, o Valedor do Pobo deuna por admitida “ao entender que reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo”. Ademáis, en consecuencia require ó Presidente da Deputación “que no prazo de 15 días nos facilite información sobre o problema que motivou a queixa” reza o escrito.

O Valedor do Pobo comprométese a poñerse de novo en contacto co Alcalde de Narón tan pronto reciba o preceptivo informe.

A este respecto, o alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, declarou que Diego Calvo “é o presidente máis mentireiro da Deputación da Coruña dende que existe esta institución” ó ter asegurado que xa entregou esa documentación ó Concello.

O alcalde accidental tamén rebatiu as acusacións de Calvo, asegurando que Narón non sabe cales son as súas obrigas en relación co servizo contraincendios. “O goberno municipal de Narón sabe perfectamente que está obrigado a dispor dun servizo de bombeiros ó superar os 20.000 habitantes, e estamos dispostos a pagalo. Pero queremos o mesmo trato que o resto dos concellos da provincia que tamén superan esta cifra de habitantes e que sí están integrados no Consorcio Provincial. Seguimos sen entender porqué deixan fora a Narón, e inclúen a outros municipios como Oleiros, Arteixo, Carballo, Ribeira, ou Culleredo”, concluíu Guillermo Sánchez Fojo.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …