O BNG pide o mantemento e mellora das liñas de transporte urbano en Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera necesario o mantemento asi como a mellora das liñas de transporte urbano na nosa cidade e por este motivo manifesta a súa oposición a calquer intento de recorte nas liñas de autobuses que realizan este servizo.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera, francamente, mellorábel a situación do transporte público na cidade, e aposta por que desde o concello  se tomen as medidas precisas que permitan desenvolver unha rede de autobuses urbanos eficaz,  que atenda as verdadeiras necesidades dos veciños e veciñas do noso concello e que sirva para facilitar os desprazamentos entre os diferentes núcleos de poboación do concello e da comarca.

Neste sentido o BNG considera que o Goberno Municipal está a acometer unha flagrante deixadez de funcións, limitándose a desenvolver unha actuación meramente formal que non aporta solucións concretas as necesidades de transporte da nosa cidade. Como evidencia a perda constante de servizos à zona rural do Concello ao que se lle sumarán novos recortes nas liñas que xestiona “Tranvias de Ferrol”.

É por este motivo que o BNG entende que se fai máis necesario que nunca unha unha nova planificación da rede de autobuses urbanos que palie a deficiente situación actual.

O BNG, como xa puxo de manifesto, salienta como aspecto negativo que o convenio que asinou o Concello coa Axencia Urbana de Barcelona para estudar o desenvolvemento dunha nova Rede de Transporte Público sexa un acordo limitado xa que non asume a necesidade de aumentar as liñas de transporte contrariamente ao que establece o Plan de Mobilidade e as necesidades do concello. Ademáis o concello de Ferrol debería demandar da Xunta de Galiza a adecuación do servizo ás necesidades do concello ou propoñer a recuperación da concesión do servizo co fin de dar cumprimento a este fin.

O BNG considera que a Xunta de Galiza titular da concesión das liñas de autobuses urbanos na cidade debería ser máis esixente cos servizos e coas frecuencias que se prestan. Asi mesmo o Goberno Local de Ferrol, debería amosar unha maior preocupación e velar pola mellora deste transporte e non limitarse a aportar os máis de 700.000 € que lle custa  o desenvolvemento do Plan Metropolitano de transporte e esixir que o transporte urbano na cidade atenda as necesidades dos veciños e veciñas de Ferrol.

 

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …