Primeiras damas, monárquicos e conselleiros

Miguel AlonsoMiguel Alonso

O meu pesimismo ante a situación actual do país pídeme que lles felicite xa, por adiantado, o 2014, xa que non creo que o 2013 vaia ser menos funesto que o seu antecesor. Porén, intentemos ser un pouco optimistas, aínda que custe.

Non nolo poñen fácil os persoeiros da vida política, que ultimamente cada vez que falan só é para meter a pata máis aínda. En primeiro lugar quero lembrarme  de Elvira Fernández, a insigne primeira dama do país e esposa do non menos insigne “presi” da nación, Mariano Rajoy. A revista “Yo Dona” describía a esta muller como “directa, pasional y nada gallega”. O asunto lembroume á famosa ouvinte políglota da Radio Galega da que falei no meu anterior artigo. Hai que dicir, en descargo de Dona Elvira, que non é ela quen di esas palabras, senón que parece ser cousa do autor do artigo. En todo caso, tampouco vin en ningún lugar que ela se molestara e pedira unha rectificación, ante os miles de queixas que se espallaron polas redes sociais. Supoño que máis dun defensor dos bos costumes (como os intrépidos defensores da ouvinte) diría algo así como “Jolín, como se pasan estes twitteros, oyes. Voy a comerme una tapa de rajo y a beberme un Alvarito”. O típico de persoa ben educada e “nada gallega”. Tampouco o sei a ciencia certa porque eu non estaba alí, claro.

Aínda así, o que se leva a palma é o noso Monarca. No momento máis baixo da súa popularidade (as enquisas din que xa un 45% do país quere que abdique no seu fillo) decidiu dar unha entrevista  para mellorar a súa imaxena que non toca ningún dos temas polémicos dos seus últimos anos de reinado.  Con Jesús Hermida metido no papel de cortesán, perdón, de entrevistador, falaron de todo o que lle preocupaba a Juan Carlos pero evidentemente non falaron de nada do que lle preocupaba aos españois. Non, non houbo referencias ao xenro malvado (Urdangarín), nin aos seus paseos por Borsuana cazando elefantes. Iso si, o único tema de actualidade foi, como non, Cataluña, aínda que non a nomeou explicitamente, claro. Falou da súa preocupación polas “intransigencias que conllevan maximalismos”, toma xa, e polas “políticas rupturistas”. Case máis que todo iso paréceme preocupante o de Hermida. Dende o meu descoñecemento paréceme un bo xornalista, era necesario que se pregara a estas alturas da súa carreira a facer esta pantomima?

Xa para acabar, sen comentar moi profundamente o tema: saben vostedes que Rodrigo Rato foi nomeado conselleiro de Telefónica? Pois iso, que feliz 2014 a todos.

 

 

Lea también

Noites craras do luar-Antes de pedir reprobaciones…mírense al espejo

José Luis Álvarez Con la benevolencia del director de Galicia Ártabra reanudo mis comentarios de …

Un comentario

  1. Pues mire por donde estimado Don Miguel, casi estoy plenamente de acuerdo con todo lo que cuenta en su artículo de hoy y digo casi, porque en general todo lo que relata està bastante ajustado a la realidad, todo menos seguir empleando lusismos en su casi para mi agradable gallego.
    Sólo un punto de franca discrepancia, ignoro si Doña Elvira es gallega o no lo es , lo que no ignoro es que de Primera Dama tiene poco, no estamos en EEUU para asimilarla a la esposa de Obama, que esa sí que lo es.
    Feliz año 2013 y ya hablaremos del 14 cuando llegue, hoy es algo temprano.