As deputadas socialistas de Ferrol reclaman unha reunión urxente coa SEPI para aclarar o «culebrón» de Pemex e do dique flotante

PSOEO PSdG de Ferrol envia un comunicado aos medios  no que fai unha declaración en contra da política sobre o sector naval especialmente o asunto de Pemex por parte do Partido Popular.

No comunicado aos medios sinálase que «As deputadas de Ferrol Beatriz Sestayo, do Parlamento Galego, e Paloma Rodríguez, do Congreso, reclaman unha reunión urxente cos responsables da SEPI para que aclaren “dunha vez por todas” o que está pasando co “culebrón” de Pemex e o que se vai facer co dique flotante, do que onte mesmo díxose que so se fará “se é viable”. E é que hoxe mesmo os medios de comunicación aportaban novas información que veñen desmentir, como denunciara “dende o minuto un” o PSdeG-PSOE, os presuntos contratos asinados por Feijóo e a petroleira, “que xa non sabemos nin qué nome ten, xa que primeiro era Pemex, logo PMI Internacional e agora, polo visto, xa é PMI Norteamérica”, dixo Sestayo. Ademais, confírmase outro dos extremos advertidos polos socialistas durante a campaña electoral: que como era lóxico polo carácter público da empresa contratante, os contratos terán que ser adxudicados despois dun concurso público, e non asinados por contrato como fixo “para gañar unhas eleccións” o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. 

Así as cousas, e por segunda vez, a parlamentaria socialista vén de presentar un escrito no que esixe ao Goberno da Xunta de Núñez Feijóo que entregue “xa e sen máis tomaduras de pelo á cidadanía de Ferrolterra” estes presuntos contratos, que lle están a desmentir unha vez máis. No caso de que non se fagan públicos dun xeito inmediato, Sestayo anunciou que iniciará as medidas que ante as institucións e vías que considere oportunas.

Ademais, a deputada autonómica do PSdeG-PSOE, que tamén é secretaria xeral dos socialistas locais, denunciou as constantes mentiras en torno ao dique flotante, que “unicamente é un compromiso do Partido Popular nas campañas electorais”. Para Sestayo, as declaracións efectuadas onte polo deputado conservador son un exemplo máis da “cara dura” do PP, exemplificada nos compromisos falsos dos dirixentes dese partido o una propia constitución da comisión de seguimento, que o único que está a facer é “dar largas” aos alcaldes e traballadores dos asteleiros e evitar accións claras e contundentes para a construcción dunha infraestrutura que suporía un parón á sangría de despidos que está a sufrir o naval da ría de Ferrol.

“Os socialistas non estamos dispostos a permitir que o Partido Popular, empezando polo teleñeco de Feijóo –en referencia ao alcalde, José Manuel Rey, que está a comportarse como o “cómplice cómodo” para desmantelar o naval- e rematando polo propio presidente do Goberno do Estado, continúe menospreciando, mentindo e ríndose dunha comarca que está a morrer pola desfachatez duns políticos que unicamente están aí para acatar as ordes do seu partido”, manifestou Sestayo. “Temos claro que non vamos ser cómplices do asasinato do Partido Popular en bloque a Ferrol e a súa comarca”, engadiu a deputada, para a que “no Parlamento, estamos a ver todos os días como Feijóo toma o pelo a toda a Galicia, pero se algunha é sangrante e dunha envergadura sen parangón, esta é a do naval de Ferrolterra”.

“E que José Manuel Rey continúe de picnic e no seu particular e persoal conto de fadas, permitindo e incluso colaborando neste ferrolicidio orquestrado polo Partido Popular”, rematou a deputada ferrolá.»

 

 

Lea también

NAVANTIA SEANERGIES lanza el centro de excelencia CoEx Green Energies, con el diseño de un prototipo de subestación marina flotante cero emisiones

El estand de Navantia Seanergies en WindEurope 2024 ha sido el escenario del lanzamiento de …