Os socialistas reclaman que o goberno local atenda aos centros escolares públicos

colegio crucero canidoNunha nota enviada  aos medios « O responsable da área de Educación, Celso Posada, e o Grupo Municipal Socialista denunciaron publicamente o pasotismo e o total abandono ao que o goberno local ten levado á rede de centros de educación pública da cidade, e que está obrigando a algún colexio a tomar medidas drásticas polo estado de deterioro alarmante dalgunhas das súas instalacións. Éste é o caso do pavillón do CEIP Cruceiro de Canido, que foi pechado por razóns de seguridade esta mesma xornada pola Dirección do centro dado que o goberno local de José Manuel Rey non ten arranxado os numerosos problemas no teito e nos canalóns, entre outros, que poñen en perigo aos máis de 400 alumnos e alumnas que ten este centro, ademais dos rapaces e rapazas que participan nas actividades extraescolares que aí se desenvolven por parte da ANPA do CEIP e de entidades alleas ao propio colexio.

Polo tanto, esta “nova mostra do desprezo do Goberno do PP ao ensino público está afectando a máis de medio milleiro de nenos e nenas, que pola falla de vontade e de interese por manter en bo estado os centros públicos de Ferrol non disporán dun pavillón no que desenvolver a súa asignatura de ximnasia –con especial incidencia nos días de choiva, que son abundantes durante o curso escolar-, así como de disfrutar dos xogos nos recreos e mesmo das actividades extraescolares polas tardes”. “Resulta patético que despois de tres semanas de vacacións, nas que se podería ter resolto este problema, o alumnado vese privado do seu pavillón xusto á volta ás aulas porque ao goberno de Rey non lle deu a gana atender as demandas da educación pública”, dixeron dende asfilas socialistas, que engadiron que “mentres o PP menosprecia o ensino público, non ten reparo ningún en gastar en época de crise 24.000 euros na cabalgata”

Así as cousas, o  PSdeG-PSOE esixe ao grupo de goberno do Partido Popular que, en primeiro lugar, execute dun xeito inmediato e pola vía da urxencia as obras de reparación do pavillón para poder retomar as actividades do centro escolar á maior brevidade posible e, ademais, reclama que os orzamentos municipais deste exercicio inclúan partidas específicas para o mantemento dos centros de ensino público do municipio.»

Na Comisión de Educación de mañá venres os socialistas preguntarán por esta cuestión e reclamarán unha resposta urxente.

Lea también

Desvíos de tráfico de las obras de humanización de la FE-14 Ferrol

El Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible avanza en la ejecución de las obras de …