Encontro do BNG coa A.VV. de A Cabana pola supresión de servizos de autobús

a cabanaO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol mantivo o luns 14 de xaneiro às 18.00 horas, unha xuntanza coa asociación de veciños de A Cabana para informar da proposta de redución de servizos no transporte urbano proposto pola empresa concesionaria.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, informou aos veciños sobre a proposta que esta sendo obxecto de estudo por parte da Xunta de Galiza e contra a que o Concello de Ferrol non presentou alegacións. O BNG considera que a problemática do transporte público na cidade debe ser abordada con urxencia para non seguir a perder servizos públicos.
O BNG sinala que A Cabana, igual que acontece coa Graña é unha das zonas que se verá máis afectada polo recorte no servizo de transporte urbano xa que “Tranvias de Ferrol” pretende suprimir por completo o servizo de autobus as fins de semana e reducir à metade os servizos os días laborabeis, unha redución total de 60 servizos à semana.

Para o BNG a situación do transporte público na cidade na actualidade xa é moi deficiente, tanto na zona urbana como no rural, con frecuencias de paso ridículas, e que o Goberno municipal debería afrontar este servizo como algo prioritario no canto de actúar de modo cómplice respecto de decisións que van no sentido contrario ás necesidades da cidade e lembrou que a dinámica do PP é a de reducir a prestación de servizos públicos en perxuizo das maiorías sociais.

Lea también

El alcalde de Ferrol se reúne con el presidente de la AVV de Prioriño

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado del concejal de Servicios y Zona Rural, …