Tirando a dar/ As revistas de estudios locais

Juan José Burgoajjburgoa@hotmail.com

O Anuario Ferrolano e o Almanaque de Ferrol

Ao inicio do século XX, a pesares de se atopar Ferrol nunha das súas épocas cíclicas de crises derivadas da construción naval, a prensa escrita da cidade tiña certa vitalidade como se pode comprobar no documentado traballo de Guillermo Llorca sobre a historia da prensa ferrolá. Entre as publicacións periódicas da época cumpre salientar dúas cabeceiras que, aínda que tiveron unha curta vida, significaron un notable aporte á historia de Ferrol e a súa comarca. Trátase do “Anuario Ferrolano”, editado baixo a dirección de Nicolás Fort entre os anos 1901 e 1904, e o seu relevo, o “Almanaque de Ferrol”, editado entre os anos 1905 e 1910 baixo a dirección de Leandro de Saralegui, ámbolos dous publicados imprenta de “El Correo Gallego”.

Os directores das devanditas publicación foron dous militares que participaron de xeito activo na vida cultural da cidade. Nicolás Fort y Roldán, nacido en Ferrol o ano 1852, chegou a Xeneral Intendente do Exército de Terra, falecendo en Valencia o ano 1915, despois de máis de 45 anos de carreira militar, pasando dez deles destinado en Cuba. Leandro de Saralegui y Medina, naceu en Tui o ano 1839, de familia ferrolá, chegando a Xeneral Intendente da Armada, falecendo en Ferrol o ano 1910, tras outra dilatada carreira de case 50 anos, catro deles destinado en Manila.

O Anuario Ferrolano

fort-1-1O primeiro número do “Anuario Ferrolano” foi redactado de xeito íntegro polo seu fundador e director,fort-1-2 Nicolás Fort, con traballos sobre os foros de Ferrol, as murallas da cidade e a numismática local. Nos seguintes números colaboraron importantes autores locais e foráneos como Díaz de Robles, Rodrigo Sanz, Andrés Comerma, Justo Gayoso, Alberto Camino ou Santiago de la Iglesia, tratando temas variados da arqueoloxía ferrolá, a toponimia de Ferrol, o mosteiro de Xuvia, os castelo de Moeche e Naraío, o santuario de Chamorro, os foros de Neda, o arco de Fontelonga, as orixes da Graña, as cancións populares ou a educación en Ferrol. Ademais incluíanse colaboracións poéticas, seccións referentes a efemérides, biografías de persoeiros ferroláns, desde Pedro Froilaz a Concepción Arenal, e unha bibliografía relativa a Ferrol.

O  Almanaque de Ferrol

leandro saralegui-1-1O “Almanaque de Ferrol” seguiu a mesma liña da anterior, colaborando o seu director Leandro de OLYMPUS DIGITAL CAMERASaralegui con numerosos traballos ao tempo que elaboraba as seccións fixas do Almanaque. Tivo tamén moitos colaboradores, entre eles, ademais dos que xa o fixeran no Anuario, Federico Maciñeira, José de Pato, Joaquín Arana “Pizzicato”, Victoriano Suances, Martínez Salazar, Luis Mesia ou Aurelio Ribalta. Nos seus diferentes traballos tratáronse se trataron temas de gran interese como a historia de Adobrica, Ferrol medieval, a Fábrica de Xuvia, a expulsión dos Xesuítas, a romaría de Chanteiro, a igrexa de San Xulián, a Maestranza do Arsenal ou o periodismo en Ferrol. Como na anterior publicación incluíanse noticias de actualidade, biografías de personaxes ferrolás e as efemérides, ademais de incorporar interesantes fotogravados.

Hoxe en día a situación da cidade neste eido e moi diferente. A carencia de editoriais de prestixio en Ferrol, o desinterese das asociacións culturais ferrolás, a inexistencia de publicacións dedicadas a temas propios da cidade ou que non lles dan a cumprida relevancia aos mesmos, a desidia dos sucesivos Concellos para a creación dun Centro de Estudos (prefiren contratar supostos asesores culturais da súa corda) e a existencia dunha Universidade na inopia, orixinan a demostrada imposibilidade de facer nesta urbe unha revista de Estudos Locais como teñen outras localidades preto de nos, casos de Neda, Pontedeume, Cedeira, Betanzos, Mondoñedo, Santiago ou A Coruña, onde os escritores exiliados de Ferrol sempre atopan un cordial acougo, ao contrario do trato que reciben na Cidade Ensimesmada.

Ante esta desidia xeneralizada sería de interese que unha entidade de prestixio fora quen de asumir a tarefa de publicar unha Revista de Estudos Locais de Ferrol. Seguro que moitos ferroláns agradecerían a presenza desa publicación.

Lea también

«Só Elas» en su V Aniversario

Julia M.ª Dopico Vale En abril de 2019 se presentaba ante el público ferrolano la …

Un comentario

  1. De que entidade se trataría? Ateneo, Toxos, Club Galicia de Caranza? Eu xa non acredito en asociacións senón en persoas. Por que non vostede mesmo, que semella ser alguén preocupado por estas custións?