O alcalde de Narón mantivo unha reunión coas parlamentarias socialistas Sestayo e Rodríguez

naron-TG-PSOEO Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, mantivo onte unha reunión institucional coas deputadas do PSOE no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, Beatriz Sestayo e Paloma Rodríguez, respectivamente.

No encontro, o rexedor naronés informou ás parlamentarias dos temas de interese para Narón, solicitándolles que se interesen ante os organismos autonómico e central sobre os mesmos.

En concreto, José Manuel Blanco formulou á deputada autonómica Beatriz Sestayo a necesidade de solicitar financiamento nos Orzamentos da Xunta de Galicia do 2013 para as seguintes actuacións:

-Construción do novo Centro de Saúde do Alto do Castiñeiro.

-Realización das obras de implantación do saneamento na estrada AC-112, na parroquia de Sedes.

-Adquisición da Concha Acústica para o Pazo da Cultura.

-Xestión das Escolas Infantís Municipais e dos comedores escolares.

-Obras de mellora nos centros de ensino.

Ademáis, o Alcalde solicitou á deputada nacional Paloma Rodríguez que xestione ante o Ministerio de Medioambiente a situación do proxecto de expropiación do Muiño das Aceñas, dependente da Demarcación de Costas. José Manuel Blanco lembrou que existe un convenio do ano 2000 polo cal este organismo comprometíase a realizar a urbanización do paseo marítimo de Xuvia ata chegar a este muiño –actualmente chega ás inmediacións de Megasa, quedando pendente o tramo final ata As Aceñas- así coma a expropiar e rehabilitar o muiño das Aceñas.

No encontro tamén estiveron presentes Catalina García e Mario Isasi, concelleiros do PSOE de Narón.

Lea también

A REGAPS da Área Sanitaria de Ferrol organiza un ciclo adicado á Fibromialxia no centro de saúde de Narón

A Rede Galega de Promoción da Saúde (REGAPS) e a Subdirección de Humanización, Calidade e …