«Roi Xordo» oponse á remodelación da praza de España e á restructuración de Tranvias Ferrol

plaza españaA Federación de Asociación Veciñais Roi Xordo, reunida esta semana en comisión permanente, decidiu instar ao Concello de Ferrol a non malgastar os cartos de todos os ferroláns nunha obra desas características, pois hai outras prioridades neste momento. Dende a entidade se asegura que é evidente que hai unha serie de deficiencias que precisan ser solucionadas, pero que non implican nin a metade do malgasto que  está previsto facerse. Polo tanto, están dacordo en rematar a Praza, pero non en remodelala, con conseguinte despilfarro de cartos que isto supón.

Restructuración transporte urbán

Así mesmo, os representantes veciñais esíxenlle ao Concello de Ferrol e á Xunta de Galicia que rexeiten a restructuración da empresa Tranvías del Ferrol. Denuncian que esta medida suporá unha reducción dos servizos que deixará incomunicadas moitas zonas da cidade e da comarca. Por exemplo, durante as fins de semana non haberá nigún servizo da liña 3 (Caranza-Residencia), ningún da liña 4 (Canido- A Graña) ou ningún da liña 7 (Correos – A Faísca), así como a reducción drástica no número doutros servizos. Ademais, dende a federación se teme que este recorte nas liñas traia consigo varios despidos.

Ordenanza de terrazas

Por último, a Federación de Asociación Veciñais requírenlle ao goberno municipal que elaboren unha ordenanza urbanística de terrazas, xa que a que fixeron é unha ordenanza fiscal, para facilitar os permisos correspondentes aos establecementos que o desexen.

Lea también

Ferrol-El BNG demanda mejoras en el servicio de mantenimiento eléctrico y pide municipalizarlo

Iván Rivas, portavoz municipal del BNG en el Concello de Ferrol, compareció este miércoles, día …