O BNG fai un chamamento á participación na mobilización en defensa da língua

bng-defensa galegoO Consello Comarcal fixo, nunha rolda de prensa celebrada onte, un chamamento á cidadanía para participar na mobilización que baixo o lema “ Pola lingua que nos une» convoca a plataforma Queremos Galego o vindeiro domingo dia 27 con saída ás 12 horas da Alameda de  Santiago de Compostela.

No encontro cos medios estiveron presentes a responsábel portavoz comarcal, Mercedes Tobío e o membro da Executiva Comarcal e alcalde de S. Sadurniño, Secundino García; que é un dos concellos que puxo a disposición da cidadanía un servizo de transporte para o traslado da veciñanza á mobilización.

Os representantes do BNG fixeron fincapé na defensa da língua como ún dos direitos que, ao igual que o do traballo ou os servizos públicos, hai que defender como irrenunciábeis; ao tempo que denunciaron o desleixo e belixerancia do goberno galego co deber de promoción do idioma propio recollido na Lei de Normalización Lingüística actualmente en vigor.

Os membros da Executiva Comarcal incidiron no feito de que a Xunta aposte polo enfrontamendo directo coas decisións adoptadas polo Tribunal Superior de Xustiza  a respecto do denominado “decreto de plurilingüismo”, que demostran a ilegalidade do mesmo en parte dos seus artigos.

 

Lea también

Confirmación das datas do I festival «Pontedeume vila do libro»

O Concello de Pontedeume converterase este ano na primeira vila do libro galega, un proxecto …