O Concello de Ferrol organiza o «XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor»

novelaO Concello de Ferrol será a institución organizadora do “XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor”. Así o informou onte o concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, despois de que a comisión informativa de área ditaminara as bases deste certame literario que ten unha dotación económica de 12.020 euros.

Segundo recollen as bases, poderán participar no XXXI Premio de Novela Longa Blanco Amor” todos os autores/as, de calquera nacionalidade, que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega atendendo á normativa oficial. As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios tamaño DIN A-4 mecanografados ou escritos a ordenador (tamaño de fonte 12) a unha soa cara e espaciado de 1,5 ou 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (tamaño fonte 12) a dúas caras e a espaciado de 1,5. As obras presentadas terán que ser inéditas e non poderán ter sido premiadas á data de presentación en ningún outro certame ou premio.

O prazo de admisión das obras orixinais que concursen no certame rematará o día 15 de xuño. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun liema, en paquete sen remite dirixido á Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402-Ferrol, facendo constar no exterior “Para o XXXI Premio Blanco Amor”. O ditame do xurado darase a coñecer o mes de setembro de 2013, e o premio entregarase posteriormente nun acto publico que se convocará oportunamente.

 

 

Lea también

Axenda cultural desta fin de semana en Cabanas

Venres 26 Ás 16.30h na Casa da Cultura (Escola Laica) haberá unha nova sesión do …