A deputación aporta un novo vehículo adaptado para a asociación de minusválidos da comarca de Ferrol

diputacion-vehiculo minusvalidosA Asociación Sociocultural de Minusválidos da comarca de Ferrol terá un novo vehículo adaptado que poderán utilizar 300 socios da entidade grazas a un convenio asinado onte entre o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o presidente da ASCM, Ángel Garate.

A institución provincial asumirá o 100% do custo deste vehículo que, segundo o acordo asinado, non deberá exceder os 35.150 euros, para logo cedelo a esta asociación que presta servizo a 2.080 membros en toda a comarca.

Esta furgoneta terá 9 prazas e unha plataforma elevadora para poder transportar os usuarios con cadeira de rodas. Persoal auxiliar da asociación acompañará en todo momento aos usuarios.

Tras a sinatura do acordo, acto no que tamén estivo presente o deputado provincial Miguel de Santiago, Calvo mostrou a súa satisfacción pola colaboración da Deputación para “axudar aos máis de 300 usuarios que poderán beneficiarse do novo vehículo para as súas necesidades de transporte”.

Ademais, agradeceu o traballo realizado pola entidade durante os últimos 25 anos e sinalou que “vir aquí, a Narón, a asinar un convenio cunha entidade con tanto arraigamento na comarca é sempre unha boa noticia”.

Pola súa banda, Ángel Gárate, en nome de todos os asociados, agradeceu o compromiso da Deputación provincial coa súa asociación e sinalou que “cambiar o vehículo é unha gran necesidade para nós”.

Tanto esta nova furgoneta como o resto de medios de transporte da asociación cobren as necesidades básicas dos usuarios, como levalos ás súas consultas médicas, aos colexios ou ás propias actividades da asociación.

Lea también

O BNG de Ferrol demanda no pleno, melloras nos comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol presentou, acompañados de familias do ceip Cruceiro de Canido, …

Un comentario

  1. Enhorabuena, sois los mejores, y os merecéis la furgoneta y mucho más. Un abrazo