O BNG urxe ao goberno municipal solventar as deficiencias de Covas

asociacion vecinos covasO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol urxe ao goberno local a desenvolver unha actuación de urxencia diante dos múltiples problemas e deficiencias que padecen os veciños e veciñas de Covas.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, subliña que moitos dos problemas cos que teñen que convivir os veciños e veciñas de Covas son froito dunha política deste goberno municipal centrada en actos de carácter formal e que non actúa sobre os problemas reais dos veciños e veciñas.

O portavoz municipal do BNG mantivo durante esta semana un encontro coa entidade veciñal de Covas, na que percorreu a parroquia e coñeceu cales son as principais demandas da parroquia, que foron postas en reiteradas ocasións en coñecimento do goberno local, e aos que non se lle dan solución.

Estas pasan pola necesidade de rematar o acondicionamento do parque infantil e biosaludábel,o mal estado das vías de comunicación,  a limpeza de cunetas, a necesidade de acometer os desbroces necesarios ao longo do ano, os vertedoiros incontrolados, as deficiencias das obras da estrada de Beceiro, ou a necesidade de dotar ao rural de rede de saneamento.
O BNG que fixo, a principios de semana, un balanzo da situación do conxunto da zona rural do noso concello e explicitou a necesidade de que o concello poña en marcha unhas brigadas de mantemento para a zona rural vai desenvolver unha rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais do rural para analizar a situación concreta de cada parroquia e dar a coñecer esta e outras propostas do BNG para o rural de Ferrol.

Lea también

La Cátedra Jorge Juan, promovida por la UDC y la Armada, conmemora su 30 aniversario en el Campus de Ferrol

El rector de la Universidad de A Coruña, Ricardo Cao Abad, preside, junto con el almirante …