Concentración de protesta dos traballadores da Residencia de Maiores de Caranza

residencia mayores caranzaRecibimos do comité de empresa de Traballo e Benestar de A Coruña un comunicado no se indica que «Os traballadores/as da Residencia Mixta de maiores de Caranza realizaron unha concentración de protesta acorde aos tempos de Entroido nos que estamos. Demandaron o respeto das condición laborais que foron suprimidas cá suspensión de varios Arts. do V Convenio que establecían a compensación por domingos e festivos e o poder conciliar a vida laboral e familiar; a implantación das carteleiras do ano 2013 respetando o tempo de descanso entre xornadas e que a día de hoxe todavía están sin negociar e que se respeten os seus dereitos económicos e laborais (xa que en palabras da Conselleira estes traballadores/as fan de máis dados os tempos que corren; polo tanto que nos resarza nos nosos dereitos).

O persoal tamén solicitou un rescate para a súa afogante situación ou un casco de obra para aguantar a que esta a cair. Ao final meteron as súas reivindicacións nun sobre con reproduccións de billetes de euros que foron entregados á Administración porque pode que así se faga máis caso das nosas reivindicacións.»
 

Lea también

Presentación do libro «Ser Cetáceo» de Francisco X. Fernández Naval no Museo de Historia Natural de Ferrol

Este viernes 26 de abril a las 19:30 horas en el Museo de Historia Natural …