«O PP practica políticas de salón e partidistas. Non teñen proxecto de cidade». (Rosa Méndez, secretaria de organización do PSdG)

rosa mendezA secretaria de Organización e coordinadora da Comisión Sectorial de Patrimonio do PSdeG-PSOE de Ferrol, Rosa Méndez, asegurou en rolda de prensa que os socialistas están “fondamente preocupados polo que está a acontecer na cidade” por culpa dun “goberno alleo á realidade”. Como manifestou Méndez, o Partido Popular de Rey Varela se está a caracterizar polas súas “políticas de salón e partidistas”, que deixan ver que “non teñen proxecto de cidade”.

A caída en picado da poboación empadroada en Ferrol e unha taxa de paro situada no 28% exemplifican a ausencia de proxecto dun goberno que “se limita a rematar o que xa estaba comezado”. “O que o PP nos deixa é unha cidade en estado terminal, que afecta a todo”, dixo a Méndez, que criticou o que está pasando co social –con proxectos que non atenden á xente, dixo, e con gastos “opacos”-, a creación de conflitos donde non os hai –como co Ateneo- ou deixando de ter en conta á xente –caso dos orzamentos participativos-.

Falan de abrir Ferrol ao mar, pero teñen totalmente desatendido o moito litoral que ten este municipio

Esta ausencia de proxecto que caracteriza ao “grupo de inexpertos que está ao fronte do goberno municipal, que non sorprende que se blinde (en relación ás medidas de seguridade que o PP vai poñer no acceso á Casa Consistorial) porque están ao marxe da xente”, tamén afecta ao patrimonio, completamente desatendido“” para a secretaria de Organización da Executiva Local do PSdeG-PSOE de Ferrol.

Neste eido, Rosa Méndez criticou duramente as políticas impulsadas e defendidas polo Partido Popular, afirmando que “para eles, o patrimonio natural é inexistente”.Falan de abrir Ferrol ao mar, pero teñen totalmente desatendido o moito litoral que ten este municipio”, destacou a coordinadora da Comisión desta área, que acusou aos responsables locais de “querer tirar un muro e pretenden levantar outro na Malata para que pase polo medio da ría o tren do porto exterior. Ese é o seu concepto de abrir Ferrol ao mar”.

En canto ao proxecto do PP para a praza de España, Rosa Méndez lembrou, por unha parte, que se trata dunha obra rematada e, por outra, que o proxecto que pretende executar o Goberno municipal suporá un elevadísimo custe de mantemento. “Malamente poderán manter esa praza”, dixo esta responsable socialista, para a que o Partido Popular basea a súa acción “nas políticas do gusto e non do gasto, algo fundamental e máis nestes tempos”.

Méndez tamén amosou a súa sorpresa polas recentes declaracións dun empregado do Concello de Narón negando a existencia dun Camiño de Santiago que pasara por Ferrol e incluso dirixíndose á Xunta por esta razón, sen que o Concello da cidade teña reaccionado contra esta falsedade. A coordinadora da Comisión de Patrimonio denunciou o que considera “incapacidade real e intelectual”, posto que “existe documentación que avala que o Camiño Inglés nace en Ferrol e, de feito, téñoa eu”. “Se quere, que o señor Reyes Hurtado me pida eses documentos”, dixo Méndez, para a que, entre outros valores, o Camiño Inglés constitúe un “importante recurso que non se pode perder, e menos nestes momentos”.

Lea también

El PP coruñés pide a la alcaldesa que impida un acto sobre Lenin y ésta pregunta si lo van a «proscribir» en Ferrol

El grupo municipal del PP en el Ayuntamiento de A Coruña ha solicitado a la …