Unha delegación do BNG mantivo un encontro cos opositores ao aceso ferroviario pola Malata

ferrocarril puerto exteriorUnha delegación do BNG da que formaba parte o portavoz municipal, Ivan Rivas, e a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda, mantivo un encontro con membros do colectivo de entidades da cidade que se opoñen ao trazado escollido por Fomento para o aceso ferroviario ao porto exterior de Ferrol para analizar este proxecto, o seu impacto sobre a ría e posíbeis iniciativas sobre o mesmo.

Aproveitando a presenza na nosa cidade da europarlamentaria do BNG, que forma parte da comisión interparlamentar que está a estudar as denuncias pola falla de saneamento das rías galegas, entre elas a de Ferrol, o BNG quixo poñer a disposición destes colectivos a súa representación institucional e asi mesmo recibiu dos representantes sociais información dos pasos dados por estes para frear unha nova agresión à ría de Ferrol.

Os nacionalistas lembran que xa teñen tramitado no parlamento europeo unha iniciativa sobre esta infraestrutura que vai a ser cofinanciada con fondos europeos: Co obxectivo de coñecer con qué tipo de fondos europeos será cofinanciado e para coñecer se considera a Comisión que o procedemento seguido para a licitación do proxecto é irregular, por ter ignorado ás alegacions presentadas, contraviniendo á Directiva 2011/92/UE. E se é consciente a Comisión Europea do impacto ambiental e estructural que terá o trazado escollido polo Ministerio de Fomento sobre a ría de Ferrol fronte aos trazados alternativos existentes.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, censurou a atitude do alcalde de Ferrol por pregarse as intencións do Ministerio de Fomento e defender este trazado, que é contrario as alegacións presentadas no seu día polo propio concello de Ferrol e por rexeitar no Pleno a moción do BNG na que se demandaba do Ministerio de Fomento a contestación as alegacións e a presentación da Declaración de Impacto Ambiental deste proxecto.

 

Lea también

‘Pingüin’ nova proposta de Afundación para escolares en Ferrol

El Auditorio de la Sede Afundación de Ferrol acoge la última propuesta escénica de la …