Dous alumnos de FP de Ferrol premiados nas olimpiadas nacionais celebradas en Madrid

premiados fpUn total de 15 alumnas e alumnos da Formación Profesional galega viron esta fin de semana recoñecida a súa valía nas olimpíadas nacionais da FP, SpainSkills 2013, que se celebraron no IFEMA de Madrid. Ao longo dos 4 días de competición o alumnado galego de FP destacou, acadando 10 medallas, 3 delas de ouro, 4 de prata e 3 de bronce, ademais de 5 mencións de excelencia. Desta forma Galicia foi a quinta comunidade autónoma máis galardoada.

A delegación galega desta competición estivo composte por un total de 23 estudantes galegos que obtiveran medalla de ouro na segunda edición das GaliciaSkills, celebradas o pasado outubro., acompañados polos seus profesores titores e por un experto por cada skill. Galicia estivo representada neste certame en 21 das 33 disciplinas en competición. Dous dos premiados  galegos son alumnos de FP en centros de Ferrol.

A relación de galardoados é a seguinte:

Fresaxe Medalla Ouro Alexandre Fondevila Rodríguez IES Politécnico (Vigo)

Electrónica Medalla Ouro Ismael Rosende Rey CIFP Politécnico de Santiago (Santiago De Compostela)

Pastelaría Medalla Ouro Rosalía Alonso Figueroa CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Sollado e azulexado Medalla Prata Daniel Nogueira Méndez CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

Reparación de carrozarías de vehículos Medalla Prata Miguel Pérez Purriños IES As Mariñas (Betanzos)

Tecnoloxía do automóbil Medalla Prata Antonio López Lence IES As Mariñas (Betanzos)

Xardinaría paisaxística Medalla Prata Jorge Magariños Alende CIFP A Granxa (Ponteareas)

Coidados de beleza Medalla Bronce Jesica Martinez Amoedo IES de Teis (Vigo)

Tecnoloxía da moda Medalla Bronce Rocío Fernández Pérez CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Deseño gráfico Medalla Bronce Iván García López IES Leixa (Ferrol) . Titor, José Antonio López

Carpintaría Mención de excelencia Ramón Fraguas Iglesias CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

Peiteado Mención de excelencia Lucía Domínguez Alonso IES de Teis (Vigo)

Cociña Mención de excelencia Adrián Amoedo Martínez CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Servizo de restaurante e bar Mención de excelencia Sainza Vázquez da Silva CIFP Compostela (Santiago de Compostela)

Soporte de rede Mención de excelencia Alejandro Romero Rivera CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol). Titor, Victor Manuel Martínez

A participación galega nesta olimpíada implica un forte compromiso por parte do profesorado, por unha banda na preparación dos competidores, tarefa do profesorado titor de cada competidor, e, pola outra, na participación na elaboración das probas así como nos distintos xurados que puntúan aos competidores, profesorado experto, un por cada skill. A Consellería celebra o éxito da delegación galega, que dá conta da calidade das ensinanzas de FP que se están a impartir nos centros educativos da comunidade.

 

Lea también

El alcalde de Ferrol felicita a la unidad Vioxen de la Policía Local por el reconocimiento de Axempol

El alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibió esta mañana en el palacio municipal a los …