A directiva da asociación veciñal de Caranza entrega un informe das necesidades do barrio

alcalde- caranzaO alcalde de Ferrol recibiu no seu despacho da Casa Consistorial á xunta directiva da Asociación de Veciños Cuco Ruíz de Cortázar de Caranza.

No encontro tamén participou a edil de barrio, Rosa Martínez Beceiro, que na xornada de onte mantiña coa entidade veciñal unha reunión previa preparatoria do encontro.

A xuntanza serviu para que os representantes da agrupación de veciños de Caranza entregaran ao primeiro edil da cidade un informe actualizado das necesidades que ten este barrio, co obxectivo de colaborar co goberno municipal na programación de actuacións que se levarán a cabo no marco do Plan de Barrios.

O alcalde tomou nota das demandas veciñais para a súa inclusión nas actuacións que os servizos municipais acometerán en Caranza en vindeiras datas.

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …