A deputación achega 30.000 euros para a erradicación do chavolismo en Narón

deputacion-naronO presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinaron un convenio de colaboración para facilitar os procesos de erradicación do chabolismo ou infravivenda no termo municipal de Narón. Ao acto da sinatura, na sede da institución provincial, asistiu tamén o deputado e concelleiro de Narón Miguel de Santiago.

A achega provincial para estes plans pasa por contribuír a sufragar os salarios das persoas que participan nalgún plan ou proxecto para a inclusión residencial da comunidade xitana ou usuaria de infravivendas, inmersa nun proceso de realoxamento ou rehabilitacións sempre que sexa dentro do mesmo termo municipal.

En total, segundo o texto do convenio, a Deputación achegará 29.400 euros a estes proxectos, que o presidente provincial, Diego Calvo, considera “moi importantes pola súa repercusión social”.

Plan de obras e servizos

Por outra banda, o Concello de Narón recibirá tamén da Deputación preto de 600.000 euros procedentes do Plan de obras e servizos deste ano 2013.

Desa cantidade, o concello destinará 282.000 euros a obras e investimentos no municipio e máis de 313.000 euros a financiar o gasto corrente. Desde hai dous anos a institución provincial, consciente das dificultades económicas polas que pasan os concellos da provincia, permítelles aos concellos destinar ata o 60% do POS que lles corresponde a gasto corrente.

Satisfacción do PP de Narón

O deputado provincial e voceiro do PP no concello de Narón, Miguel de Santiado sinalou a súa satisfacción e a dos populares naroneses por esta aceha da deputación  » é unha mostra do apoio da deputación a os concellos e polo tanto hai que destacalo polo que é unha axuda importante  non so para erradicar o chavolismo , tamén para o deselvolvemento económico do concello».

 

 

 

Lea también

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra acuerda con el concello de Narón la ampliación del horario de cierre durante Semana Santa

La Asociación de Hosteleros de Narón y Ferrolterra ha dirigido una solicitud formal al Ayuntamiento …