Roi Xordo esixelle ao alcalde que o malgasto na praza de España o invirta en necesidades sociais

plaza españaA Federación de Asociacións Veciñais da zona urbana de Ferrol, Roi Xordo, reitera a sua oposición ao Concello de Ferrol polo Malgasto esaxerado na Praza de España. Acusan ao goberno municipal de Malgastar os fondos económicos de Ferrol en proxectos innecesarios, froito dun eterno conflicto político na nosa cidade, entre os diferentes gobernos dos últimos anos.

Por iso, instan ao Concello a que invirtan os cartos en temas que necesitan dunha actuacion urxente e que afectan supervivencia e ao benestar de moitas familias da cidade. Pregúntanlle a Rey Varela si non lle parece máis importante axudar ás familias que non chegan a fin de mes e a todas aquelas persoas que o están a pasar mal. Nunha época na que milleiros de familias son botadas da súas casas e na que os centros educativos denuncian que hai menores que pasan fame na nosa cidade, Roi Xordo considera que eses cartos son moito máis urxentes no eido social.

Do mesmo xeito, esíxenlle ao goberno que axilice o arranxo das infinitas fochancas coas que teñen que convivir os ferroláns e as ferrolás e que están a supor un perigo para a súa integridade. Recoméndanlle invertir parte do Malgasto en proporcionar cidadania unhas rúas sen obstáculos e máis seguras, tal e como se ven demandando dende hai máis dun ano.

Así mesmo, a entidade defende que se realicen na praza de España certos arranxos técnicos que afectan á seguridade da zona, pero que non supoñen nin unha cuarta parte do Malgasto previsto.

Local social da A.VV de Ferrol Vello

Por outra banda a Federación de asociación veciñais da zona urbana manifesta o seu apoio á A.VV.de Ferrol Vello polas dificultades que están a sufrir ao estar paralizadas as obras do seu local social.

Ademais, esíxelle ao Concello de Ferrol unha solución inmediata para poder continuar coas mesmas e que a entidade poda desenvolver as súas tarefas cotiás.

 

 

 

 

Lea también

Los bomberos de Ferrol dejan de prestar servicio en otros seis municipios de la comarca

El presidente de la junta de personal del Ayuntamiento de Ferrol, Javier Sandá (CSIF), ha …