Os socialistas dan a coñecer o segundo número do seu boletín

PSdG-PSOE-1A militancia do PSdeG-PSOE de Ferrol xa ten no seu correo electrónico o segundo número do Boletín Socialista, que tamén poderá ser consultado en papel na sede da Agrupación local, no número 6 da rúa Pardo Bajo. Ademais e como xa aconteceu o pasado mes, as entidades sociais do municipio con dirección de correo electrónico irán recibindo nos vindeiros días e por esta canle dito boletín., xa que como se indicara na presentación do seu primeiro número, un dos obxectivos desta iniciativa pasa por dar a coñecer o traballo realizado pola Agrupación Socialista local, ao tempo que se artella unha ferramenta de comunicación de ida e volta coas asociación, abrindo espazos de colaboracións, queixas, opinións e suxestións para afiliados, entidades e cidadanía en xeral.

Neste segundo número, que se corresponde co mes de febreiro, abórdanse temas de interese e actualidade do municipio, destacando unha doble páxina sobre o naval, unha reportaxe sobre o barrio de Caranza e as propostas que ten o PSdeG-PSOE para esta zona ou as iniciativas formuladas polas dos deputadas sobre cuestións tales como o trazado do tren ao porto exterior, as emendas aos orzamentos da Xunta ou a necesidade de rehabilitación do Castelo de San Felipe. Os artigos de opinión da deputada e secretaria de Igualdade da Executiva, Paloma Rodríguez, sobre a vindeira celebración do Día da Muller Traballadora (inclúe o manifesto socialista), ou o da secretaria de Organización e experta en patrimonio, Rosa Méndez, sobre o proxecto de cidade, integran tamén este número.

Esta iniciativa está coordinada dende a área de Comunicación pola súa responsable, Eva Martínez, ademais de Bruno Díaz e Cristina Prados, encargados de todo o relativo ao deseño xunto. No comité redactor atópanse diferentes membros da Executiva Local, que colaborarán en todos e cada un dos diferentes números aportando a súa opinión e outro tipo de achegas vencelladas ás súas respectivas áreas de traballo.

 

 

 

 

Lea también

Inauguración en Ferrol de la «II Festa do Marisco de Semana Santa»

Se celebra hasta el próximo domingo bajo una carpa en el muelle ferrolano de Curuxeiras …